ENG  I  ESP  I  GAL
1/4

Do 1 ao 10 de xullo 2020 clasclas ofrecerá unha serie de concertos onde o público asistente poderá disfrutar das interpretacións dun variado repertorio de música de cámara que ofrecerán os/as nosos/as artistas e mentores, asi coma os participantes no YAP.

 

Contentos de poder renovar a nosa colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia -OSG- que baixo a batuta do noso Director Artístico Guy Braunstein ofrecerá, un ano máis, o concerto de apertura do festival.

Asemade anunciar a creación do clasclas ensemble, formado polos xoves artistas e mentores do festival e que será o encargado de pechar o festival, baixo a dirección musical de Mathieu Herzog.

 

Os concertos terán lugar en diversos espazos de Vilagarcía, coma o Auditorio Municipal, o Salón García, a Igrexa de Santiago de Carril, a Praza da Peixeria, Pazo da Golpelleira, Pazo de Rubianes, Pazo O Castriño.

 

A meirande parte dos concertos serán de balde para o público, aínda que está previsto realizar concertos especiais nos pazos, veladas que combinarán música e gastronomía.

 

O programa definitivo do festival será publicado nesta web na primavera de 2020.

© 2019 by clasclas