1/1

Neste ano 2020 o Festival Internacional de Música Clasclás celebrará unha edición especial, logo da suspensión das actividades  previstas para esta III edición a causa da pandemia mundial provocada polo COVID -19.
 

Son catro xornadas con diferentes actividades transversais organizadas baixo o paraugas da campaña municipal “Son da casa! Estamos unidos na defensa do noso!”

O primeiro dos eventos é  CLASCLAS NO ALOBRE o venres 3 de xullo ás 22:00 horas. Viaxaremos no tempo á cuna de Vilagarcía onde todo comezou. O Castro de Alobre acollerá unha velada especial na que os asistentes estarán literalmente “na súa casa” porque “son da casa”,  espazos concretos, circulares, coma as casas do Castro,  deseñados e independentes respectando as distanzas, onde  poderemos escoitar música clásica reproducida e en directo  ao aire libre nun espazo de gran beleza natural, histórica e artística, que o Concello de Vilagarcía  desexa por en valor nesta ocasión a través do Clasclás. Xoan Mariño e Erea Hierro nos situarán no contexto histórico, Cristian Silva e Xosé Piñeiro, porán a nota de cor musical en directo, Carlos Crespo amenizará aos presentes pinchando música clásica, e AHITUVI nos acompañará para que os asistentes que o desexen  poidan disfrutar dunha bebida neste marco. Unha velada diferente, especial e única,  inesquecible, na nosa casa, cos de casa e co son da casa.

As invitacións, dúas por persoa ata completar aforo, poderán recollerse a partires do mércores 1 de xullo no Auditorio Municipal no horario comprendido entre as 11:00 e as 13:00 horas. A duración prevista do evento é de 90 minutos e todos os asistentes deberán acudir provistos da súa mascarilla.  O acceso realizarase pola Rúa Vista Alegre a partir das 21:45 horas.

 

Os días 7 e 8 de xullo toca moverse, é o turno de CLASCLAS SPORTS. En colaboración coa Fundación de Servizos Deportivos Municipais,  e baixo a dirección dos seus monitores, o Festival desenvolverá diversas sesións deportivas na Praza de Galicia e na Praia da Concha nas que realizaremos exercicio con música clásica, poderosa onde as haia.

As dúas primeiras sesións de Bike, coas bicicletas estáticas cedidas por SERVIOCIO,  serán o martes 7 de xullo na Praza de Galicia as 10:30 e as 11:45 horas, cun máximo de 20 persoas en cada turno.

Os interesados – maiores de 16 anos- deberán cumprimentar un boletín de inscripción no enlace. Recibirán confimación da súa participación, cuberta por un seguro de accidentes contratado a tal fin,  así coma información da hora e lugar no que se deberán presentar e as medidas de seguridade e hixiene a respectar. Todos os participantes recibirán un botellín de auga e unha camiseta do festival.

 

E o 9 de xullo, novamente co serán cehaga CLASCLAS NA PRAIA , co que despediremos esta edición do festival da man de Cristian Silva, Xosé Piñeiro, Carlos Crespo e AHITUVI. Música clásica, música de autor, mentras disfrutamos do “espectáculo natural do solpor desde a Praia”. Este chill-out habitual dos veráns de Vilagarcía que organizan Ahituvi e o Concello adicará a primeira das súas sesións do 2020 ao Festival Clasclás.

_________________________________

 

O Festival Internacional de Música Clásica Clasclás está organizado polo Concello de Vilagarcía de Arousa a través do Conservatorio Profesional de Música.

Nas dúas primeiras edicións dos anos 2018 e 2019 o festival desenvolveu un ambicioso programa de concertos con grande éxito de público e crítica en diferentes ubicacións do municipio e cun elenco artístico de altísimo nivel.

A III edición do festival, prevista para principios do mes de xullo 2020, ía continuar nesta senda ata que  foi suspendida polas consecuencias derivadas da pandemia mundial provocada polo COVID -19.

O Concello de Vilagarcía desexa  manter vivo o espírito do Festival no 2020,  con accións realizadas aquí, en directo, coa nosa xente, ao aire libre e respectando as medidas de distanzamento social, todo elo dentro da campaña “Son da casa! Estamos unidos en defensa do noso”. Catro eventos de carácter transversal para esta inusual edición, contando para elo con diferentes servizos , empresas e colaboradores do ámbito municipal.

O Clasclás  ofrecerá pois  un programa alternativo dende todos os puntos de vista, tratando de misturar conceptos, novas formas e poñendo en valor espazos públicos de alto contido cultural e natural, ao tempo que procuramos aproveitar esta ocasión para achegar a música clásica a toda a poboación a través de diferentes acción.

 

ABSTRACTS

CAST

Después de una primera y segunda edición con gran éxito de crítica y público, el festival Internacional de Música Clasclás suspendió su tercera edición a consecuencia de la pandemia mundial causada por el COVID-19. El Ayuntamiento de Vilagarcía, promotor y principal espónsor del festival decidió mantenerlo vivo este año con una serie de eventos alternativos y transversales a través de una edición especial 2020.

Queremos mezclar conceptos, nuevas formas, poniendo en valor espacios públicos de alto contenido cultural y natural, al tiempo que aprovechamos esta oportunidad para acercar la música clásica a toda la población a través de diferentes actuaciones, buscando al tiempo nuevos públicos.

ENG
 

After the first and second edition with great success of critic and public, the International Music Festival Clasclás suspended its III edition last April because of world pandemia caused by COVID-19. Vilagarcía City Council, promoter and main sponsor of the festival, decided to keep it alive this year with a serious of alternative and transversal events, through a 2020 special edition.

We want to mix concepts, new forms and highlighting public spaces with high cultural and natural

content, while trying to take this opportunity to bring classical music to the whole population through

different actions, and looking also for new audiences.

© 2020  by clasclas