ENG  I  ESP  I  GAL

festival

1/4

II Festival Internacional de Música Clásica clasclas

Do 27 de xuño ao 6 de xullo 2019

O Festival Internacional de Música Clásica clasclas presenta a súa segunda edición sustentanda nos pilares que fixeron, do primeiro festival no verán do 2018, un gran éxito de público e crítica.

 

Entre as grandes novidades do 2019 subliñar a colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia, que realizará o concerto de apertura do festival baixo a dirección de Guy Braunstein, Director Artístico do Festival e Mentor de Violín, e coa que terán a oportunidade de presentarse coma solistas, algúns dos xoves artistas escollidos do programa de formación internacional YAP. Un programa que se reforza aumentando o elenco de mentores, formado por recoñecidos solistas e intérpretes internacionais de ampla traxectoria, e os días de duración do festival, que alcanza xa a decena.

 

clasclas continuará coa sua importante vertente social e tentará, aínda máis, achegar a música clásica a tódolos colectivos, estando a planificar actividades especiais para nenos e reforzando o compromiso educativo cos nosos xoves músicos que estudan no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa.

 

Asemande, o festival volverá a ser unha actividade dinamizadora da actividade cultural galega, non soamente polo ciclo de concertos que alberga, senón pola actividade paralela que conleva a través do Summit, evento que contribúe a reforzar o tecido da industria cultural da música, unido todo elo a novas colaboracións xurdidas do, como a Universidade de Deusto a través do Proxecto Europeo Connect.

 

Voltaremos aos espazos únicos nos que se desenvolveu o clasclas, os Pazos da Golpelleira e Rubianes, a Igrexa do Convento de Vista Alegre, o Salón García, o Auditorio Municipal.....

 

Vilagarcía vibrará, desfrutará e se emocionará de novo co clasclas entre o 27 de xuño e o 6 de xullo de 2019. Agardámosvos!!

COMITÉ ORGANIZADOR

Presidente: Alberto Varela Paz, Alcalde do Concello de Vilagarcía de Arousa

Vicepresidencias: Argimiro Serén, Concelleiro de Educación

                              Sonia Outón, Concelleira de Cultura

Director Artístico: Guy Braunstein

Adxunto á Dirección Artística: Pablo Vidal Vázquez

Directora Técnica: Rosina Sobrido Fernández

Adxunto á Dirección Técnica: Jesús González López

Coordinadora Social e Comunitaria: María Galbán Zaragoza

Internships 2019: Paula Santervás Baeza, Sergio Alegre Vicente

© 2019 by clasclas