ENG  I  ESP  I  GAL

YAP

1/3

O programa de Novos Valores Internacionais YAP -Young Artists Program- está especialmente deseñado para desenvolver a formación musical de novos valores internacionais que estean a comezar as súas carreiras profesionais.

Os músicos seleccionados formarán grupos de cámara con outros participantes e/ou cos mentores do festival, e,  baixo a tutela dos mesmos, traballarán o repertorio co que actuarán nos concertos que terán  lugar ao longo do festival.

O programa educativo completarase con masterclasses, workshops e o clasclas Summit, sesións de coaching, conferencias e mesas redondas dedicadas a diversos aspectos de vital importancia no desenvolvemento dunha carreira profesional musical a nivel internacional. Os participantes terán a oportunidade de recibir consellos e formación profesional da man de xerentes de orquestras, managers e programadores de diversas entidades musicais.

Requisitos

  • Músicos nados a partir de xaneiro de 1985

  • Dirixido a instrumentistas e cantantes:

    • piano

    • guitarra

    • violín, viola, cello e contrabaixo

    • frauta, oboe, clarinete, fagot, trompa

    • cantantes: soprano, mezzo, tenor, baritono, baixo

  • Ensembles xa constituídos: dúos, tríos, cuartetos, quintetos... onde a idade media dos                                       seus membros non  supere os 33 anos

  • Alto nivel interpretativo


Selección

Os interesados en participar no festival deberán cumprimentar online o boletín de inscrición antes do 14 de febreiro de 2020.

Deberán achegar ao boletín a seguinte documentación:

  • CV Artístico

  • Dúas grabacións en video (youtube, vimeo) con repertorio de diferentes épocas e estilos que represente o seu nivel actual como intérprete ou grupo.

A  inscrición no clasclas Festival é de balde.

 

Aloxamiento e Viaxes

Os participantes terán que asumir os gastos derivados do seu  aloxamento e manutención, así coma das viaxes ata Vilagarcía de Arousa.

O festival  porá a disposición dos  interesados ofertas de aloxamiento e menús especiais para facilitar e abaratar a súa estancia na cidade.

Asemade, o festival ofrecerá un transfer de balde para todos os participantes dende/cara o Aeroporto de Lavacolla (SCQ) e a estación de tren  de Santiago de Compostela nun horario previamente establecido pola organización.

Bolsas

Todos os novos valores e ensembles seleccionados desfrutarán dunha bolsa de matrícula que cubre a súa  participación no festival.

Por outra banda, clasclas ofertará, en colaboración  con diversas empresas e institucións, unha serie de bolsas especiais para algúns dos máis destacados novos artistas seleccionados, destinadas a cubrir os seus  gastos de aloxamiento, manutención e  viaxes. Estes bolseiros realizarán masterclasses e workshops cos estudantes de música locais dentro do programa educativo e social dol clasclas Festival.

Contratos de concertos

Ao longo do festival a dirección artística, en coordinación cos mentores, seleccionará a varios novos valores para convidalos a tocar en vindeiras tempadas da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía e/ou noutros ciclos nacionais e internacionais. Información sobre a SFV na súa web


 

Datas

  • O prazo de inscrición remata o día 14 de febrero de 2020

  • Na primeira semana de marzo de 2020 comunicarase por mail o resultado das audicións, lista de músicos seleccionados, repertorio asignado, bolseiros e información útil referente ao festival.

  • Os participantes deberán planificar a súa chegada a Vilagarcía o martes 30 de xuño e a saída para o sábado 11 de xullo.

Contacto

Para calquera dúbida ou consulta, pregamos contactar no e-mail   yap@clasclas.com

Prazo de inscripción finalizado

Grazas polo voso interese no programa YAP

© 2020  by clasclas